CRTVG

Buscar

Investigan unha suposta fraude con accidentes de tráfico provocados en rotondas

Publicado o 20/03/2019 14:46

A Policía Local de Pontevedra abriu unha investigación a cinco persoas que, presuntamente, provocaron accidentes de tráfico para cobrar indemnización das aseguradoras. Os investigados estiveron implicados en 13 accidentes en dous anos.

Nesta glorieta da avenida de Uruguai, en Pontevedra, foi onde o grupo provocou supostamente o seu último accidente de tráfico: Na saída da rotonda bateron co seu Hyundai contra outro coche que circulaba pola esquerda. O primeiro foi parar a uns trinta metros e impactou contra outros dous coches aparcados. Os cinco xa intentaran provocar un incidente con outro coche pouco antes.

O accidente aquel, hai vinte días, deixada sete feridos leves, entre eles os cinco do Hyundai que dese xeito -supostamente- lograban os argumentos para que a aseguradora os indemnizase.

Todos os indicios e investigacións, a Policía Local trasladounos ao xulgado para que se realicen as pescudas pertinentes por presunta estafa e condución temeraria.


 

Noticias web

20/03/2019