CRTVG

Buscar

Investigan quen dun matrimonio detido foi o autor da agresión a un hostaleiro de Ourense

Publicado o 03/05/2021 14:25
Investigan quen dun matrimonio detido foi o autor da agresión a un hostaleiro de Ourense

A Policía Local de Ourense segue a investigar as circunstancias da liorta na zona vella de Ourense que acabou cun hostaleiro acoitelado e tres persoas detidas. A vítima ten 39 anos e rexentaba un bar na zona dos viños de Ourense. Unha disputa polos ruídos puido ser a orixe da agresión. Contra as dez da noite foi agredido cun coitelo de cociña, presuntamente por un matrimonio veciño do local. A muller, de 47 anos, foi detida co coitelo na man e confesou ser a autora dos feitos.

A Policía Local trata agora de determinar cal dos membros da parella cometeu a agresión, porque varias testemuñas presenciais apuntan que foi o marido o autor, que fuxiu ao domicilio onde o detiveron. O terceiro detido é outro veciño por atentado contra os axentes. A vítima segue en estado grave no hospital e a investigación segue aberta.