CRTVG

Buscar

A Policía Local de Lugo segue sen xefe e con poucos axentes nas rúas

Publicado o 16/01/2019 16:57

Caos na Policía Local de Lugo. Á falta de xefe súmase agora a carencia de axentes na rúa.
Está no aire a celebración dunha proba tan popular coma o Corre con Nós pola falta dun plan de tráfico. Segue sen haber candidatos a ocupar a xefatura da Policía Local de Lugo, o último oficial nomeado está de baixa médica, esta era a sexta designación en dez días.

A situación agrávase, a Policía Local está sen efectivos e xa se nota na rúa. O Goberno local defende a súa xestión e a legalidade do proceso para buscar o novo xefe deste corpo entre os oficiais.

A oposición esixe unha solución urxente. Cada vez xorden máis voces críticas que acusan o Goberno local de falta de previsión e xestión deste conflito.

Noticias web

16/01/2019