A Policía Local da Coruña non detecta autobuses con máis ocupación da permitida
Axentes da Policía Local agardan na parada de Catro Camiños a chegada dun autobús urbano. Acceden ao interior e contan o número de viaxeiros para controlar que non supere o aforo permitido.
"Un sexto sobre viaxeiros de pé e a totalidade dos asentos. A ocupación máxima permitida é a que está establecida...", explica José Manuel Rico, inspector principal da Policía Local da Coruña.
Levan controlados 238 traxectos dos autobuses urbano desde que comezaron a vixiar e, ata o momento, non detectaron ningunha anomalía.
"Son aleatorios e a distintas horas e diferentes rutas", di Rico.
Algúns quéixanse da sobreocupacón e piden que haxa máis frecuencias.
"Aumentamos xa as frecuencias nas universitarias e nas liñas 12 e 14 que son nas que máis viaxa a xente", conta Manuel Otero, xefe de Recursos Humanos da Compañía de Tranvías.
Amais da ocupación, a Policía Local tamén controla que os viaxeiros cumpran as medidas de seguridade pola covid.