CRTVG

Buscar

A Policía Local da Coruña frustra a celebración de 17 botellóns nunha soa noite

Publicado o 10/07/2021 20:48

As cidades reforzan as tarefas de vixilancia para evitar as concentracións da xente nova na rúa. Nunha soa noite, a Policía Local da Coruña denunciou dezasete intentos de botellón. Oito deles foron na praia do Orzán.

O resto estaba celebrándose nesta rúa, situada entre o barrio de Mesoiro e o polígono industrial de Pocomaco, nas aforas da cidade. Ademais, os axentes abríronlles expediente a tres locais de ocio nocturno por incumpriren o horario de peche.

Noticias web

10/07/2021