A policía investiga un posible asasinato machista en Xaén
Publicado o 14/06/2020 13:16

Un home matou supostamente a súa muller e os seus dous fillos de 12 e 17 anos en Úbeda. Os axentes recibiron unha chamada alertando de que un home caera dende un cuarto piso. Ao chegaren ao lugar atoparon un mozo malferido no relanzo da escaleira e unha muller e un menor mortos no interior da vivenda. Todos con feridas de arma branca.
O ferido faleceu posteriormente no hospital. O presunto autor dos crimes, o pai de familia, de 52 anos, suicidouse lanzándose pola ventá. A delegación do Goberno asegura que non había antecedentes de denuncias por violencia de xénero. De confirmarse o crime machista, sería a quinta muller asasinada pola súa parella ou ex-parella durante o estado da alarma o que elevaría as vítimas a 21 neste 2020.