CRTVG

Buscar

A policía intervén para desaloxar festas ilegais en distintas localidades españolas

Publicado o 01/02/2021 14:29

De festa, de madrugada, na azotea dun edificio en pleno centro de Sevilla. Así atopou a Policía Local un grupo de mozos, saltando todas as medidas sanitarias para conter a pandemia. Foi na madrugada do sábado, e din que horas antes chegaran a xuntarse ata medio cento de mozos e mozas. Os 16 que pillaron suman 48 expedientes sancionadores, ao non respectar nin as restricións horarias, nin o límite de persoas non conviventes, nin o uso obrigatorio da máscara.

Tamén houbo máis festa que máscara nun pub de Fuerteventura. Unhas cincuenta persoas saían pola porta despois de que acudiran a desaloxalo a Garda Civil e a Policía Local da Oliva. Ademais das denuncias por incumprir coas medidas sanitarias, houbo un detido por resistencia e atentado á autoridade.

Alleos ás medidas anticovid gozaron da piscina os usuarios dun hotel de Gran Canaria, que actualmente acolle persoas migrantes que chegan á illa. Sen máscara nin distancia de seguridade, as imaxes do grupo de bañistas correron axiña polas redes sociais. Iso facilitou a intervención rápida da Garda Civil, que disolveu a reunión e cursou catro actas de denuncia.

Noticias web

01/02/2021