CRTVG

Buscar

A Policía intervén en botellóns na rúa na Coruña e Lugo

Publicado o 25/04/2021 15:20

Festas ilegais en pisos, pero tamén botellóns e quedadas en plena rúa. Esta noite, a Policía Local tivo que achegarse ata a praza de Vigo, onde se reunira un grupo numeroso de mozos sen máscaras e sen gardar ningún tipo de distancia de seguridade.

A Policía disolveu a aglomeración e puxo dez sancións por incumprimento das normas. Tamén en Lugo, na rúa Noriega Varela, tivo que intervir neste caso a Policía Nacional. Un grupo de mozos bebía na rúa sen respectar as normas. Unha parella recriminoulles a súa actitude e eles reaccionaron con insultos e mesmo chegaron a cuspirlles. A Policía Nacional identificou oito dos mozos. Ningún tiña antecedentes.

Noticias web

25/04/2021