CRTVG

Buscar

A policía intercepta en Murcia o pasaxeiro dun autobús con coronavirus

Publicado o 29/05/2020 13:18

Axentes da Policía Nacional interceptaron na estación de autobuses de Murcia un home contaxiado de coronavirus que viaxaba desde Granada a Barcelona.

No autobús viaxaban unha vintena de persoas que deberán ser localizadas e sometidas a controis médicos para detectar posibles positivos.O home fuxira do centro de acollida da Cruz Vermella na localidade granadina de Guadix, xunto a outros tres internos que estaban sometidos a corentena.

Axentes da policía interceptáronos na estación de Murcia a bordo dun autobús con destino a Barcelona. Trasladados a un hospital local, un deles deu positivo por coronavirius.

"Antes de que un suba ao autobús, ao mellor hai que controlar antes de subir unha persoa. Porque se fose que unha persoa tivese ese positivo pode contaxiar todo o autobús".

"Por iso hai cámaras, hai que saber quen son esas persoas para identificalas, porque son un perigo para nós".

As autoridades sanitarias tratan de localizar o resto de pasaxeiros, 18 en total, para detectar outros posibles contaxios e evitar un rebrote da enfermidade.

Noticias web

29/05/2020