A policía identifica varias persoas que celebraban unha festa con alcol e música en Pontevedra

Axentes da Policía Nacional a identificaron o propietario dun local e outras seis persoas, catro homes e dúas mulleres, por unha festa nocturna con alcol e música en Pontevedra.
A festa levouse a cabo, segundo a Policía Nacional, durante a noite do 2 de maio. Ás dúas da madrugada varias persoas accedían a un local de lecer nocturno. Unha vez no lugar, os axentes observaron a unha persoa que accedía ao interior e oíase música e voces doutras dende fóra.
Foi entón cando decidiron facer unha inspección do local. Unha vez dentro puideron comprobaron que había un grupo de persoas que consumía alcol e escoitaba música. O responsable do local xa foi identificado, xunto coas resto de persoas que había no interior. En total eran seis, catro homes e dúas mulleres, que foron sorprendidas escondidas nos baños e debaixo dunha mesa.
Proporase unha sanción administrativa para eles ante a autoridade competente por desobediencia en relación ao incumprimento das normas do estado de alarma.