CRTVG

Buscar

A policía fai un chamamento para que a quen lle caducou o DNI non esgote a prórroga para renovalo

Publicado o 05/11/2020 15:35

Pouco movemento nas oficinais de renovación do DNI. Co estado de alarma prorrogouse a validez dos documentos caducados ata marzo de 2021, pero dende a policía instan a ir facéndoo paulatinamente para evitar futuras aglomeracións e listas de espera.

"A xente, ao non viaxar e non moverse, é algo que van postergando e é importante ir facéndoa xa para que despois non haxa un colapso", di o voceiro da Policía en Lugo.

Ás portas da oficina de renovación de Lugo atopamos os máis cumpridores. "Non sei canto hai que caducou. Dixéronme que estaba caducado e vin agora". ·É moi importante non esperar ata a última hora e ter todo en regra. Os documentos sempre ao día".

Mentres tanto, a policía planea xa unha aplicación que permitirá nun futuro levar o DNI no móbil e medidas para axilizar a expedición do documento.

"Tampouco pesa tanto o DNI, pódese levar perfectamente". "Esas cousas para a xente de idade é máis complicado, pero hai que adaptarse".

Polo momento, toca renovalo de xeito tradicional e cómpre lembrar que hai que sacar cita previa, levar a fotografía e pagar as taxas en efectivo.

Noticias web

05/11/2020