CRTVG

Buscar

A policía española e a portuguesa traballan xuntas no proxecto Comisarías Europeas

Publicado o 03/08/2021 16:37

Nada máis chegar atopámolos atendendo un código 8. É dicir localizando un cidadán en busca e captura que segundo lles informan, está nesta zona. Non houbo sorte e os catro axentes volven ao porto. Un dos lugares de moita afluencia turística onde este proxecto de Comisarías Europeas ten especial importancia.

En todo momento as patrullas deben traballan xuntas e poden atender calquera tipo de intervencion. E é condición indispensable que axentes coñezan o idioma do país ao que van. E neste caso, a colaboración vólvese moi útil cando implica cidadáns portugueses.

A colaboración comezou en xuño, cando os axentes españois foron á cidade de Nazaré. Alí comprobaron algunha das utilidades deste programa europeo. José Luis foi un dos que patrullou coa policía portuguesa.

Este verán, ademais da policía portuguesa, outra patrulla italiana colabora co Policía Nacional de Santiago.

Noticias web

03/08/2021