A policía dispersa os manifestantes que lles lanzan obxectos en Barcelona
Publicado o 21/02/2021 22:01
En Barcelona hai menos tensión nas rúas na sexta noite de protestas en apoio ao rapeiro Pablo Hasél.
Pero pequenos grupos de manifestantes guindaron obxectos contra os Mossos d'Esquadra en Via Laietana, fronte á comisaría da Policía Nacional, mentres o groso dos concentrados manteñen unha actitude pacífica.
A policía dispersou os concentrados máis violentos con material antidisturbios.