CRTVG

Buscar

A policía disolve 'botellóns' no Campus de Lugo

Publicado o 15/02/2021 14:19

O anfiteatro do campus universitario estase a converter nun lugar habitual de botellóns durante esta terceira onda da pandemia. A última festa clandestina tivo lugar o sábado pasado cando axentes das policías Local e Nacional tiveron que disolver varios grupos de mozos entre os que había menores de idade.

As festas organízanse a primeiras horas da tarde por causa do toque de recollida e nelas incúmprense todas as medidas sanitarias, como o uso de máscara, a distancia de seguridade ou a reunión de non conviventes. Ademais, os participantes nos botellóns deixan todo o lixo tirado na zona deste espazo.

Na derradeira intervención policial, ata cinco coches patrulla desprazáronse ata este anfiteatro. Con todo, as forzas de seguridade cren que os mozos seguirán buscando lugares onde xuntarse a beber e escoitar música.

Noticias web

15/02/2021