CRTVG

Buscar

A policía detivo en Vigo un home de 73 anos tras atopar a súa parella ensanguentada

Publicado o 21/06/2019 13:49
A policía detivo en Vigo un home de 73 anos tras atopar a súa parella ensanguentada

A Policía Autonómica detivo en Vigo un home de 73 anos despois de atopar a súa parella ensanguentada.
Ocorreu nunha vivenda da praza Maruja Mallo. Os axentes foron alertados polos veciños do edificio de que unha muller estaba a ser vítima de violencia machista. Trasladáronse ao domicilio, e no seu interior estaba a muller tirada non chan e con signos evidentes de ser agredida. A vítima, que tivo que ser trasladada a un centro hospitalario, declarou que fora golpeada pola súa parella. Actualmente a Unidade Adscrita en Galicia ten asignada a protección de 263 vítimas de violencia machista.
 

Noticias web

21/06/2019