CRTVG

Buscar

Caen catro persoas, dúas delas galegas, nunha redada antidroga coa intervención de 180 quilos de cocaína

Publicado o 24/04/2021 22:04
Caen catro persoas, dúas delas galegas, nunha redada antidroga coa intervención de 180 quilos de cocaína

A Policía Nacional detivo en Madrid e na Coruña catro persoas no marco dunha operación contra o narcotráfico na que requisou máis de 180 quilos de cocaína. Entre os detidos hai unha persoa de Ribeira e outra da Coruña.

Os detidos foron sorprendidos cando cargaban a droga nun coche alugado para trasladala de Galicia a Madrid. Desde aí o obxectivo era distribuíla nos Países Baixos.

Ademais dos 188 quilos de cocaína a Policía fixo tres rexistros máis en Madrid e Pozuelo de Alarcón, onde se incautaron doutras cantidades menores de drogas, de tres vehículos e de 88.000 euros.

Noticias web

24/04/2021