CRTVG

Buscar

A policía detecta novas festas ilegais e mesmo vodas en talleres

Publicado o 15/03/2021 14:12

A Policía Local cando entra nalgúns bares de copas de Madrid atopa locais que superan ocupación, que non respectan distancias de seguridade. Nalgúns casos incumprimentos máis que suficientes para proceder ao seu precinto. Malia cas festas ilegais descenden na capital española, a policía non deixa de atopar celebracións clandestinas do máis diverso. A última, unha voda nun taller.

A pasada fin de semana, en total, 34 intervencións e 300 botellóns detectados. Tamén se repetiron as festas clandestinas en pisos turísticos. Nunha delas foron identificadas nada menos que 35 persoas, todos estranxeiros. Os veciños non poden máis.

A policía tivo que actuar tamén en festas ilegais en lugares como Barcelona ou Alacante, e desaloxou unha con máis de 730 persoas nun hotel de Linares.

Noticias web

15/03/2021