CRTVG

Buscar

A policía desartella unha banda internacional de tráfico de vehículos con dous detidos en Galicia

Publicado o 18/06/2021 21:06

Dez persoas foron detidas pola Garda Civil e a Policía Nacional, dúas delas na provincia da Coruña, nunha operación contra o roubo e tráfico de vehículos para poñelos en circulación en España e noutros países de Europa.
Realizáronse 17 rexistros domiciliarios en 6 provincias, a maioría nas Illas Baleares. Investíganos tamén por delitos contra a Facenda Pública, branqueo de capitais e pertenza a organización criminal.
 

Noticias web

18/06/2021