CRTVG

Buscar

A policía declara que atopou sangue no chan e nas armas do crime de Pioz

Publicado o 26/10/2018 18:55

Os axentes que desentrañaron o cuádruplo crime de Pioz contaron hoxe como chegaron ata Patrick Nogueira, asasino confeso dos seus tíos e curmáns pequenos. Os compañeiros de traballo do tío asasinado deron a pista, e os axentes axiñan descubriron que fuxira ao Brasil ao día seguinte de que se atoparan os corpos. Tamén explicaron que cando chegaron ao chalé da familia atoparon as armas que usou para despezar os corpos e as seis bolsas en que os agochou xa deterioradas.

Os axentes sostiveron que Patrick volveu do Brasil forzado e porque cre que en España a cadea non vai ser tan dura coma no seu país. Tamén sinalaron que non opuxo resistencia á detención e que se amosou colaborador.








 

Noticias web

26/10/2018