CRTVG

Buscar

A policía de Vigo disolve unha festa con máis de 200 asistentes nun local en Samil

Publicado o 28/03/2021 21:11

A pesar da pandemia, hai quen se empeña en incumprir as restricións. A Policía Municipal de Vigo atendía este sábado denuncias que alertaban de festas e celebracións non só en domicilios particulares.

Os axentes desaloxaban, a última hora do horario permitido para a hostalería, un local de ocio en que se estaba a celebrar unha festa ilegal.

Foi na cafetería Marina Cíes, situada no paseo da praia de Samil, na que os axentes comprobaron que se estaban a incumprir as normas vixentes pola covid-19. A policía tramitou varios expedientes de multa por exceder a ocupación do local permitida e por organizar unha festa sen permiso.

Segundo a xefatura municipal, no establecemento atoparon reunidas máis de 200 persoas: unhas 190 na terraza e outras 50 no interior do local, onde estaba a poñer música un picadiscos.

Tamén sancionaron polo menos un cliente por non levar máscara. Ademais de ser proposto para sanción por eses incumprimentos, a policía vai investigar se o establecemento conta con licenza.

 

Noticias web

28/03/2021