CRTVG

Buscar

A policía da Coruña denunciou dez establecementos e identificou nove persoas nun 'botellón'

Publicado o 24/05/2021 13:17
A policía da Coruña denunciou dez establecementos e identificou nove persoas nun 'botellón'

Na Coruña, a Policía Local denunciou catro negocios con licenza de cafetería que estaban funcionando como pubs nunha rúa do centro da cidade. Outros seis locais foron denunciados por incumprir a nomativa anticovid, tres deles na praza de Vigo, unha das zonas máis vixiadas.

Os axentes tamén identificaron nove persoas cando participaban nun botellón no parque de Santa Margarida. Houbo máis botellóns e aglomeracións de xente noutros puntos da cidade.

Noticias web

24/05/2021