CRTVG

Buscar

A policía chama á prudencia tras a morte dun home que caeu ao mar na Pobra

Publicado o 02/07/2020 14:21

Nunhas escaleiras da zona portuaria da Pobra é onde a vítima se precipitou ao mar. Foi unha persoa que estaba preto do lugar quen acudiu a rescatar o home nun primeiro momento.

Axiña chegaron tamén o servizos de emerxencia. Diego Lamas, axente da Policía Local da Pobra do Caramiñal, explica que se intentou reanimar o home durante bastante tempo, pero foi imposible, di, salvarlle a vida.

Dende a Policía Local fan un chamamento á prudencia, cando se camiña a carón do mar, para evitar accidentes coma este.

 

Noticias web

02/07/2020