A policía busca os participantes dun tiroteo no barrio vigués de Lavadores
Publicado o 16/11/2020 16:09
A policía Nacional busca en Vigo o presunto autor dun tiroteo no barrio de Lavadores. Está acusado de ferir un home e todo apuntaría a un asunto de drogas.
O pasado xoves á noite, na zona do barrio de Lavadores, unha liorta entre tres persoas acabou a tiros e un home resultou ferido nun brazo. Explicoulle á policía que o tentaran atracar e que se resistiu.
Pero a hipótese dos axentes é outra, cren que o móbil da agresión está nun turbio asunto de drogas.
Xa identificaron dúas persoas con antecedentes por narcotráfico. Cren que van armados e que se están a esconder sabendo que a policía os busca.