CRTVG

Buscar

A policía blinda o cemiterio de Pereiró para a exhumación do corpo de Déborah Fernández

Publicado o 18/05/2021 09:24
A policía blinda o cemiterio de Pereiró para a exhumación do corpo de Déborah Fernández

A policía blinda o cemiterio de Pereiró, en Vigo, para a exhumación de Déborah Fernández. Un fito na loita desta familia por coñecer a verdade sobre a morte da moza viguesa. 

A apertura realizarase ás 12:00 desta mañá en presenza dos avogados e dun criminólogo que fan parte do equipo contratado pola famila da moza falecida hai 19 anos.

Os restos de Déborah Fernández serán trasladados ata o hospital Nicolás Peña de Vigo para tomar mostras de ADN de debaixo das unllas e facer radiografías en busca de pequenas lesións.

A policía preparou un dispositivo para controlar o acceso ao cemiterio e garantir que a extracción se fai con discreción. Para a familia de Déborah Fernández, hoxe é un día clave; están esperanzados pola posibilidade de atopar novas pistas.

Noticias web

18/05/2021