CRTVG

Buscar

A policía alerta en Vigo sobre o aumento de denuncias falsas de roubos en vivendas para cobrar do seguro

Publicado o 05/07/2019 21:20
A policía alerta en Vigo sobre o aumento de denuncias falsas de roubos en vivendas para cobrar do seguro

A Policía Nacional alerta en Vigo sobre o aumento das denuncias falsas por roubos en vivendas para cobrar o seguro. Dúas persoas foron detidas por simular roubos nas súas casas para ocultar desgastes de pechaduras ou servizos de cerralleiros. Tamén hai causas abertas contra arrendadores por simular roubos para non ter que pagar os gastos dunha nova pechadura ao cambiar de inquilino. A policía advirte de que, ademais de cometer delitos, ocúpanse medios humanos e técnicos das forzas de seguridade.
 

Noticias web

05/07/2019