A Policía Nacional alerta dun sofisticado calote bancario
Publicado o 11/08/2021 19:29
A Policía Nacional alertou este mércores dunha elaborada modalidade de fraude bancaria en que se combina o uso de SMS falsos, que simulan ser enviados polo banco da vítima, e posteriores chamadas telefónicas de supostos empregados da entidade para perfeccionar a estafa.
As mensaxes poden presentar variacións, pero sempre inclúen unha ligazón para que a vítima poida acceder directamente ao seu banco. Esa ligazón en realidade conduce a unha páxina falsa onde lle solicitan os datos bancarios e persoais, así como o usuario e contrasinal de acceso.