CRTVG

Buscar

A policía acusa a asociación Infancia Libre de organización criminal

Publicado o 26/07/2019 16:26

O informe dos investigadores conclúe que os casos denunciados polos membros da asociación Infancia Libre, por secuestro, seguen o mesmo patrón: denuncias previas de violencia de xénero ou abusos sexuais, presuntamente falsas. En todos interveñen os mesmos médicos e psicólogos, os mesmos avogados, e todos están coordinados dende a propia asociación, utilizando incluso unha infraestrutura común para manterse escondidos.

Por este motivo, a Policía Nacional acusa a Infancia Libre de organización criminal. Di que busca retirar a custodia dos menores aos seus país, coa complicidade de distintos profesionais. Así o recolle o informe que xa está en mans da Fiscalía, que é quen agora terá que decidir se abre unha causa xeral contra a asociación, independentemente dos procesos xa abertos contra varias nais por subtración de menores e desobediencia xudicial.

Noticias web

26/07/2019