A Pobra do Caramiñal xa non ten peche perimetral
O día solleiro invita os veciños da Pobra a tomar un café nas terrazas. Algo que non podían facer dende o día 7 deste mes. A cifra de casos activos reduciuse a unha quinta parte nas últimas dúas semanas. A incidencia acumulada a 14 días sitúase agora nos 139 casos por cen mil habitantes. Esta mellora da situación epidemiolóxica permite levantar o pé do pedal de freo e suprimir o peche perimetral do concello.
Os veciños poden saír do concello e tamén recibir visitantes. Importante para unha vila turística coma esta. Un alivio que a moitos restauradores lles sabe a pouco con vistas a unha fin de semana en que tradicionalmente moitos saen comer fóra da casa. O comité clínico decidiu esta mañá que a partir do luns suavizaranse máis as restricións e os locais de hostalería poderán atender no interior.