CRTVG

Buscar

12.300 galegos sofren desde este luns as máximas restricións

Publicado o 08/03/2021 13:45

• Os veciños de Boborás confían no cambio de fase axiña

<

A Pobra do Brollón é un dos concellos que pasan a ter as máximas restricións. O peche da hostalería, agás para levar ou para pedidos a domicilio, é unha das medidas que se aplican neste nivel, cos conseguintes apuros para o sector.

Jessica García Lago, hostaleira: "Temos que seguir pagando impostos e seguros, din que hai axudas e non chegan e é un desastre total. Hai xente que si vai perdoando os alugueiros, pero hai outros que teñen que pagar igual. Estamos tirando de aforros, ou da axuda da familia e de amigos. Levámolo mal".

Xunto cos residentes en Soutomaior, Boborás e A Mezquita, os veciños da Pobra do Brollón non poden saír dos límites municipais salvo por causa xustificada, xuntarse con non conviventes ou acceder a instalacións deportivas.

En total, son uns 12.300 os galegos que quedan sometidos, ata novo aviso, a estas máximas restricións.

Noticias web

08/03/2021
13 concellos están desde este luns no nivel alto