CRTVG

Buscar

A poboación vacinada dos EUA poderá ir sen máscara en espazos pechados

Publicado o 13/05/2021 20:56
A poboación vacinada dos EUA poderá ir sen máscara en espazos pechados
EFE

Os Centros de Control e Prevención de Enfermidades dos EUA (CDC en inglés) concluíron este xoves que a poboación vacinada do país pode ir sen máscara na maioría de espazos pechados, aínda que deberá manterse en sitios con multitudes, avións, autobuses e hospitais. A directora dos CDC, Rochelle Walensky, anunciou o cambio de regras nunha conferencia de prensa en que explicou que as autoridades sanitarias tomaron a súa decisión conforme a estudos que proban a efectividade da vacina contra a covid−19. O anuncio significa que as persoas que estean completamente vacinadas poderán volver a unha vida case normal, sen ter que levar máscara ou gardar unha distancia de seguridade na maioría de espazos exteriores e interiores. 

Noticias web

13/05/2021