CRTVG

Buscar

A policía desaloxou 500 persoas en botellóns nas rúas de Vigo

Publicado o 28/06/2021 13:29

O botellón segue prohibido en Galicia, aínda que polas imaxes desta fin de semana non o pareza. A praza da Estrela foi o epicentro pero os botellóns celebráronse simultaneamente noutros puntos da cidade como a zona vella e a praza de Portugal.

A Policía Local contabilizou medio milleiro de persoas nos desaloxos da vía pública que efectuou de madrugada. O sector do ocio nocturno amosa a súa preocupación polas consecuencias destas festas ilegais cando están a piques de reabrir os seus negocios. Algúns empresarios mesmo avanzaron a posibilidade de adiar a súa posta en funcionamento.

Noticias web

28/06/2021