CRTVG

Buscar

A plataforma Vía Galega reclama en Santiago o dereito de autodeterminación

Publicado o 18/04/2021 14:14

Centos de persoas participaron en Santiago na manifestación convocada pola plataforma Vía Galega.
A marcha, apoiada por case 70 organizacions, reivindica o dereito de autodeterminación e reclama a capacidade de que os galegos poidan decidir.

Os participantes entenden que Galicia é unha nación, un pobo con dereitos. A mobilización, que partiu da Alameda de Santiago e rematou na praza da Quintana, contou coa participación da voceira nacional do BNG e outros militantes e dirixentes da organización.

Varios voceiros da plataforma Vía Galega interviñeron na Quintana para salientar a necesidade de que Galicia poida gobernarse por si mesma.

Noticias web

18/04/2021