A plataforma en defensa da hostalería pide indemnizacións como "empresas intervidas"
Publicado o 24/02/2021 11:46
Protesta dos hostaleiros en diferentes cidades galegas. A maioría deles poderán reabrir o venres, pero con demasiadas limitacións tanto no horario como no número de clientes. Despois de case un ano sen traballar con normalidade, endurecen o discurso: non queren axudas. Reclaman indemnizacións.
Os hostaleiros saíron en protesta por Pontevedra, cren que son un sector abandonado e que están ao límite.
Din que non teñen ingresos e que continúan sufragando os gastos.