CRTVG

Buscar

A plataforma Defensa do Común pide a condonación da débeda do porto exterior da Coruña

Publicado o 12/12/2020 21:52

Mobilización na Coruña. Neste caso da plataforma Defensa do Común para pedirlle ao Goberno central a condonación da débeda contraída pola autoridade portuaria pola construción do porto exterior e para esixir que se dote a Lagosteira dunha conexión ferroviaria.

Os convocantes aseguran que a débeda, de preto de 300 millóns de euros, supón unha agonía financeira para o porto coruñés. Lembran que o Goberno central si lle condonou a débeda de 400 millóns ao porto de Valencia. 

 

Noticias web

12/12/2020