CRTVG

Buscar

A plataforma de vítimas do accidente do Alvia pídelle unha reunión á nova ministra de Transportes

Publicado o 14/07/2021 21:35
A plataforma de vítimas do accidente do Alvia pídelle unha reunión á nova ministra de Transportes

A plataforma de vítimas do accidente do Alvia en Angrois pídelle unha reunión á nova ministra de Transportes, Raquel Sánchez. A través dunha carta, as vítimas reclaman unha investigación técnica independente. Case 8 anos despois do sinistro, o caso está pendente da apertura de xuízo oral. Coa ministra queren abordar asuntos como o expediente que ten aberto Bruxelas a España en materia de seguridade ferroviaria, e as alegacións que presentaron á Lei de creación da autoridade para a investigación de accidentes.
 

Noticias web

14/07/2021

Máis sobre Santiago de Compostela