CRTVG

Buscar

A Plataforma de Pensionistas de Compostela volve concentrarse para esixir pensións xustas

Publicado o 05/10/2020 15:01

A defensa dunhas pensións dignas é o obxectivo da Plataforma Pensionistas Compostela, que hoxe volveu concentrarse na praza do Obradoiro.

O colectivo reuniuse para demandar que as pensións se revaloricen conforme ao IPC, e para esixir uns servizos sociosanitarios públicos de calidade para os maiores e dependentes.

A plataforma advirte de que moitos pensionistas están no límite da pobreza, unha situación que impacta en maior medida nas mulleres.

Noticias web

05/10/2020