A planta de Zendal, no Porriño, elaborará un millón de vacinas Novavax á semana
Publicado o 16/09/2021 14:23
Os antíxenos son a base para despois elaborar a vacina, son os que fan que se creen defensas. Esa parte esencial da vacina americana de Novavax prodúcese no Porriño. Fano a través de cultivos de microorganismos.
A planta do Porriño pode fabricar cada semana 3 litros de antíxenos. Todo o que levan producido dende xaneiro gárdase noutras plantas do grupo Zendal á espera de que Novavax poida comezar a distribuír as vacinas.
Zendal é unha das poucas empresas de Europa e a primeira de España autorizada para fabricar vacinas humanas de principio a fin a escala industrial.