CRTVG

Buscar

Crise dos microchips: nova parada este domingo en Stellantis en Vigo

Publicado o 24/10/2021 21:41

A falta de compoñentes volve afectar a produción de Stellantis Vigo. Este domingo suspendeuse a actividade no sistema un, que fabrica o Peugeot 2008 e as berlinas, pola falta de subministración. Uns 600 traballadores víronse afectados por esta crise de semicondutores.

A dirección da planta dá por feito que haberá que negociar un novo ERTE a principios do ano que vén. Pensa que a previsión de desabastecemento continuará o próximo ano.

Esas incidencias na produción tamén están afectando a outras marcas en toda España.

Noticias web

24/10/2021