CRTVG

Buscar

A planta da Seat en Martorell para a súa produción por falta de chips

Publicado o 06/09/2021 15:29
A planta da Seat en Martorell para a súa produción por falta de chips

A planta da Seat en Martorell tamén pecha as súas portas hoxe e mañá por falta de chips. Os problemas de subministración de semicondutores obriga a empresa a parar a súa produción durante dous días.

Malia que teñen previsto retomar a actividade este 8 de setembro, farao por debaixo do habitual. Explica a firma que os novos gromos de covid en Asia provocan o peche de plantas de fabricación destes elementos, polo que non descartan novos reaxustes.

Noticias web

06/09/2021