CRTVG

Buscar

A piscina de Toquio xa agarda a que Chano Rodríguez faga historia nos seus sextos xogos

Publicado o 19/08/2021 10:48

En Toquio un galego fará historia nos Xogos Paralímpicos: Chano Rodríguez participará nos seus sextos xogos con 64 anos. Será o nadador máis veterano, compartindo experiencia con outros deportistas moito máis novos, como Jacobo Garrido ou Martín de la Puente.

A piscina de Toquio agarda por Chano Rodríguez nos que van ser os seus sextos xogos. Do Río volveu sen medallas por apenas vinte centésimas pero desde a súa estrea olímpica hai 21 anos, en Sydney, acumula dezaseis metais, oito de ouro.

Estes dias comparte espera e concentración na burbulla de Sant Cugat con outro vigués, o tenista Martín de la Puente. 22 anos fronte a 64.

 

Noticias web

19/08/2021