CRTVG

Buscar

A pintora coruñesa Fina Mantiñán, unha artista do silencio, no Kiosko Alfonso

Publicado o 27/05/2019 11:08

Fina Mantiñán, pintora. Rosario Sarmiento, comisaria.

Marchou a París en 1960 co propósito de seguir pintando e debuxando. Retrospectiva que tenta sacar do esquecemento a obra desta pintora coruñesa. Ata o 9 de xuño, no Kiosko Alfonso.

"Eu na Coruña ía a Artes e Oficios, sempre a clases de arte. Aí coñecín a Datas, a Tembleque".

Na súa casa non entenden que ela queira dedicarse a ser pintora e a debuxar, que era o que lle gustaba dende nena. Estamos a falar dos anos 50, nunha cidade de provincias, na posguerra, na Coruña.

"Marchei no 1960, cando todo o mundo emigraba e tamén o fixen eu. Sen consultarllo a ninguén, nin a miña nai. Alí quería estar".

"A todas as mulleres fannas posar de lado ou tendidas. E dixen eu, pois ao home, vouno deitar eu".

Ela fai colaxes cunha finalidade comercial, neses anos en París, en que está a prender todo. Aínda está a traballar a figuración na academia, sobre todo espidos de mulleres e de homes. Tamén retratos da súa casa, do barrio de Le Marais.

Practicamente cinco décadas de traballo duro e dunha traxectoria persoal e profesional difícil.

Ela vai derivar rapidamente, a comezos dos setenta á abstracción.

Quere ser escultora, sempre andaba á procura da terceira dimensión no seu traballo.

"Oh! Sodes moi amables".


Noticias web

27/05/2019