A picadura dunha velutina provócalle a morte a un veciño de Raxó, de 76 anos
O matrimonio achegouse a unha leira no camiño da Serpe, na parroquia de Raxó, en Poio, onde tiña unha pequena plantación. O niño de avespas asiáticas estaba incrustado nun valado próximo ao terreo. Os insectos atacaron a parella. Picáronos aos dousn pero el era alérxico. Ás dez da mañá chamaron o 112, que mobilizou un helicóptero desde Santiago. Tamén a Policía Local e Protección Civil de Poio e os GES de Sanxenxo.
Intentaron reanimalo durante 45 minutos, pero ás once certificaron o seu pasamento. O 11 de maio, hai trece días, outro home, un afeccionado á apicultura de 54 anos, morreu en Reborido-Roxos, Santiago, por outra picada de avespa asiática.
Se ven un niño de velutinas, ou desconfían de que poida selo, debe manterse a unha distancia prudencial e chamar ao teléfono 012.