CRTVG

Buscar

Ivan López: "Un ERTE afectaría principalmente a pesca de baixura"

Publicado o 27/03/2020 13:41

Tras o 13º día de confinamento vese reflectida unha baixa nos prezos e na demanda na pesca. Isto obriga o amarre da frota e a un ERTE ás tripulacións. Ademais, a estas alturas analízase a resposta da Unión Europea ante a crise económica vinculada á sanitaria.

Iván López, director da pesqueira Ancora, analiza como está a afectar ao sector a crise do coronavirus. 

"O ERTE afectaría principalmente á pesca de baixura. Ten que ver coa particularidade da súa operativa. Son barcos máis pequenos que adoitan entrar e saír máis a miúdo", asegura Iván López.

Noticias web

27/03/2020