CRTVG

Buscar

A película brasileira 'Pacificado', Concha de Ouro no Festival de San Sebastián

Publicado o 29/09/2019 12:10

A película brasileira Pacificado, do director Paxton Winters, alzouse co máximo galardón do 67º Festival de Cine de San Sebastián. Trátase dun filme realista rodado nunha favela sobre un home que trata de abandonar o seu pasado violento logo de cumplir unha longa condena.

A trama sucede durante os Xogos Olímpicos do Río 2016, un evento que supuxo a "pacificación" nas favelas, aínda que, segundo a película, só foi temporal, xa que a violencia volveu cando se clausuraron.

Noticias web

29/09/2019