CRTVG

Buscar

A lea de Mouriño coas axencias de representación na que se implicaron Denis e Aspas

Publicado o 31/07/2021 08:49

Cando Iago Aspas era un cativo de apenas 12 anos e marcaba golazos, aínda non tiña representante. Eran outros tempos. Non tivo un ata os 18 anos. Foi cambiando o mundo, cada vez máis capitalista, e agora os rapaces que sobresaen con 12 anos xa teñen representantes. A esas axencias declaroulles a guerra o presidente do Celta

Unha das axencias contra as que apuntou Mouriño é Intermedia Sport Player, a axencia de Denis Suárez oo Iago Aspas, ou de canteiráns como como Miguel e Gabri Veiga.

Intermedia Sport pídelle a Mouriño unha rectificación polo trato inxusto desas críticas. Atísbase batalla. E aparecen nomes como os de Denis Suárez ou IAgo Aspas que aplauden o comunicado da empresa de presentación. Son as novas leas do fútbol moderno. Ese que se aparta dos afeccionados e converte todo nun negocio.

Noticias web

31/07/2021