A pegada da covid na Arxentina: o 42 % da poboación vive baixo a liña da pobreza
Dende hai case 3 anos, a Arxentina atravesa unha crise económica que non fixo máis que aumentar a pobreza, con máis de 3 millóns de persoas que acabaron 2020 en condicións de indixencia. Por ese motivo, cada vez máis xente acode a comedores populares coma este, no barrio 31 de Bos Aires.
Sen alimentos suficientes e con máis necesidade ca nunca.
Son os principais problemas que sofren os habitantes do barrio 31, un dos distritos máis vulnerables da capital arxentina e que na pandemia non fixo máis que empeorar a súa situación.
Realmente non mellorou nada a situación económica do país e cada vez hai máis pobres dentro da capital.
Segundo datos oficiais, a pobreza afectou a 12 millóns de persoas en 2020, dous millóns máis que no ano anterior.
O grupo máis golpeado son os máis novos: seis de cada dez arxentinos menores de 14 anos son pobres.
Por todo isto, as organizacións sociais temen que a segunda vaga de contaxios deteriore aínda máis as súas condicións de vida.