Máis de 400 ciclistas participan polas rúas de Vigo na Festa da Pedaliña
Vigo sobe á bicicleta para revindicar o seu uso na cidade. A gran festa das dúas rodas, A Pedaliña, tomou as rúas de Vigo e os máis de 400 afeccionados realizaron un percorrido de 18 quilómetros pola cidade. Queren que se habiliten máis espazos para eles e que a xente deixe o coche a un lado.
Grandes e pequenos colleron as súas bicicletas para participar un ano máis na Pedaliña, unha marcha ciclista que percorre as diferentes rúas de Vigo ata completar un percorrido de 18 quilómetros. Nesta edición sumáronse máis de 400 persoas a esta festa das dúas rodas.
Queren que a bicicleta se converta nun modo de moverse pola cidade e reivindican máis espazos para eles, máis seguridade á hora de circular e que a xente deixe o coche de lado.
Organizado por A Golpe de Pedal, un ano máis, doan parte do recadado a unha entidade e nesta ocasión foi para AFAGA, a Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer.