CRTVG

Buscar

A partir do sábado será obrigatorio rexistrarse para poder visitar a praia das Catedrais

Publicado o 23/03/2021 21:47

A praia das Catedrais é un dos principais reclamos turísticos de Galicia, pero de cara a Semana Santa, ao igual que acontece no verán, limítase o acceso.

En anos sen covid, nas xornadas de Xoves e Venres Santo adoitaba esgotarse a cota. Este ano, cos peches perimetrais, agárdase menor afluencia, pero hai xa máis de 2.000 reservas para eses días.

A pouco que baixa a marea son moitos os que se achegan a diario a coñecer este areal.

Esta será a primeira data importante de visitantes despois de que a finais de novembro se derrubara un dos famosos arcos do areal.

Noticias web

23/03/2021