A partir do 4 de outubro poderase viaxar ao Reino Unido sen resultado negativo
Publicado o 17/09/2021 21:33

A partir do 4 de outubro xa non será necesario facer un test covid antes viaxar ao Reino Unido.
O Goberno británico elimina este requisito para os viaxeiros que estean vacinados con pauta completa e procedan de países de baixo risco, no que a partir de agora sitúa a España. Pero aínda que non será necesario un test covid negativo para entrar no país haberá que facer unha PCR nos días posteriores.