CRTVG

Buscar

Esta noite comezaron a aplicarse os descontos durante a madrugada nas autoestradas autonómicas

Publicado o 01/10/2019 11:34

Esta madrugada entraron en vigor os novos descontos nas tarifas das autoestradas autonómicas AG-55, entre A Coruña e Carballo, e a AG-57, entre Puxeiros e Val Miñor.

Os descontos, de entre o 25 e o 50 por cento, aplicaranse os sete días da semana a calquera vehículo que circule entre as 12 da noite e as 6 da madrugada e que dispoña dun sistema de pago de telepeaxe.

A rebaixa pode chegar ata o 50 por cento a partir do segundo traxecto de volta e sucesivos, realizados en horario nocturno e no mesmo día.

Aínda que se dirixe a todos os condutores, os máis beneficiados serán os profesionais que realizan traxectos reiterados por estas rutas ao longo da noite.

A medida terá un custo próximo ao millón de euros.

 

Noticias web

01/10/2019